Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.694

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 13 de maio de 2003 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun membro titular e un membro suplente da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11 de abril), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais sinala que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a Guadalupe Hervera Iglesias en substitución de Ovidio Pérez Reñones.

Artigo 2º.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a Sonia Pardo Díaz en substitución de Guadalupe Hervera Iglesias.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais