Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 013/03 IN e dous máis, relacionados no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e de seu regulamento, aprobado polo decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o

exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense

ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 8 de maio de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructoria

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU 013/2003 INJaime Diéguez Vázquez

DNI: 34997430

San Bartolomeu

32514 Boborás

Abandono de vehículo

OR-5655-D

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A

OU 012/2003 INDistribuciones Graña

CIF: A-24024382

Trav. Eladio Bailina nº 9

2400 Ponferrada

Abandono de vehículo

LE-9709-O

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A

OU 009/2003 INNicanor Arias Arias

DNI: 09945808-X

Gran Capitán, nº 15-17

24010 Trobajo del Camino

Abandono de vehículo

LU-7460-C

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A