Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/41-2, 6011 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fontedelo, Vilar, San Cibrao e Recarei.

Situación: Friol.

Descricións técnicas:

-L.M.T. orixe apoio nº 39 e final en C.T. San Cibrao, lonxitude 459 m conductor LA 56/54,6 m.

-C.T. intemperie, de 50 kVA de potencia.

-R.B.T. orixe en C.T. San Cibrao, lonxitude 1.730 m conductor R.Z. 0,6/1 kV 3x95 Al + 54,6 ALM; R.Z. 0,6/1 kV 3x50 Al + 54,6 Al R.Z. + 0,6/1 kV 2x25 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo