Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Adega Pazo do Mar, S.L.

Domicilio social: Feá, 32930 Toén.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Adega Pazo do Mar, S.L.

Situación:

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea, de 380 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 32HP69 da L.M.T. próxima de U. Fenosa, S.A., e remata no C.T. proxectado en caseta con 250 kV R/T 20.000/380-220 V. 450 m de rede de baixa tensión subterránea ata a adega.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de febreiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense