Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/146-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Fundación San Rosendo.

Domicilio social: avda. Pontevedra, 5, 32005 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., para residencia.

Situación: Beariz.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 580 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV derivada desde o apoio nº 66 da L.M.T. ó C.T. Muradás e remata no C.T. en caseta con trafo de 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto da residencia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de decembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense