Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada o día 9 de xuño de 2003, relativo á anulación de preguntas e modificación de respostas do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test.

En sesión celebrada o día 9 de xuño de 2003 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática, convocado por Orde de 20 de decembro de 2002, adoptáronse os seguintes acordos:

Primeiro.-Declarar nulas e ter como non postas as preguntas nº 40 e a 101 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test da fase de oposición na quenda de acceso libre.

Segundo.-Modifica-la resposta dada en principio como correcta da pregunta nº 58 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test da fase de oposición na quenda de acceso libre que queda establecida na seguinte: 58 d).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.

Enrique Paseiro Pardal

Presidente do tribunal