Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: 761/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servicios.

b) Descrición do obxecto: concurso para a contratación, en réxime de concesión, da xestión, mantemento e control post-clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Ourense.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 273, do 28 de novembro de 2002, e DOG nº 235, do 5 de decembro de 2002.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 2 de maio de 2003.

b) Contratista: CLP Envirogas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: segundo a oferta alternativa e tendo que lle achegar ó Concello de Ourense o 5% dos ingresos pola venda de enerxía eléctrica.

Ourense, 8 de maio de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde