Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de radiofármacos para o Servicio de Medicina Nuclear, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 35/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración sucesiva de radiofármacos para o Servicio de Medicina Nuclear.

Orzamento estimado: 246.544,29 A (douscentos corenta e seis mil cincocentos corenta e catro euros con vintenove céntimos), IVE incluído.

Garantía provisional:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: (4.930,89 A).

Importe da garantía provisional por lotes: lote único.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: doce meses, desde o 1 de xullo de 2003 ou data do asinamento do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderase prorrogar nos termos que recolle a cláusula 2.4. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: segundo o punto 11 da folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela; A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 95 02 60, fax: 981 95 09 85, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario, ás 10.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela