Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/40-2, 6031 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 27007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en travesía Diego Pazos.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas:

-L.M.T. subterránea, tensión de subministración 20 kV, con orixe en L.M.T. subterránea existente

a C.T. Diego Pazos e final en C.T. travesía Diego Pazos. Lonxitude 60 m.

-C.T. de travesía Diego Pazos, potencia 400 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 29 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo