Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.
Denominación: modificado do proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Ligonde.
Situación: Palas de Rei e Monterroso.
Descricións técnicas: liña de baixa tensión aérea de 1,43 km de lonxitude con orixe no C.T. de Val e conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo modificado do proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 29 de abril de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo