Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo trámite urxente, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de remodelación de talleres e obras no IES Daviña Rei de Monforte de Lemos e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

2. Obras obxecto de licitación de carácter individualizadas e autónomas.

2.1. Número de expediente: 01/2003 RAM.

2.1.1. Obxecto do contrato:

a) Remodelación de talleres e obras varias no IES Daviña Rei.

b) Lugar de execución: Monforte de Lemos.

c) Prazo de execución: 2 meses.

2.1.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.1.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 150.252,84 euros.

2.1.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.1.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.1.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo: C. Subgrupos: todos. Categoría: E.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.1.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2597

2.2. Número de expediente: 02/2003 RAM.

2.2.1. Obxecto do contrato:

a) Dotación de ascensor no IES Porta da Auga e obras varias no IES nº 1 de Ribadeo.

b) Lugar de execución: Ribadeo.

c) Prazo de execución: 2 meses.

2.2.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.2.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 46.922,99 euros.

2.2.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.2.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.2.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.2.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2598

2.3. Número de expediente: 03/2003 RAM.

2.3.1. Obxecto do contrato:

a) Adecuación e reforma no IES O Perdouro.

b) Lugar de execución: Burela.

c) Prazo de execución: 2 meses.

2.3.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.3.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 120.202,24 euros.

2.3.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.3.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.3.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.3.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2599

2.4. Número de expediente: 04/2003 RAM.

2.4.1. Obxecto do contrato:

a) Cerramento pista polideportiva no CEIP Illa Verde e construcción de soportal cuberto no CEI Fingoi II.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 1 mes.

2.4.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.4.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 49.921,16 euros.

2.4.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.4.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.4.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.4.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2600

2.5. Número de expediente: 05/2003 RAM.

2.5.1. Obxecto do contrato:

a) Mellora de espacios cubertos no CEIP de Quiroga e no CEIP Novo de Monforte de Lemos.

b) Lugar de execución: Quiroga e Monforte de Lemos.

c) Prazo de execución: 2 meses.

2.5.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.5.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 113.921,90 euros.

2.5.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.5.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.5.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.5.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2601

3. Obtención de documentación e información: o proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, sita na Ronda da Muralla, 70-2º andar, 27071 Lugo. Teléfono: 982 29 41 90, nº fax: 982 29 41 52 e a través do referido enderezo da Internet.

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite: antes das 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta, sito na Ronda da Muralla, 70 baixo, Lugo. Tamén poderán presentarse mediante o seu envío por correo, e neste suposto, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante fax e na forma que se establece no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001) e no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: ver prego.

5. Apertura das ofertas: a apertura das ofertas será realizada en acto público, pola mesa de contratación,

a partir das 10.00 horas do sexto día natural seguinte ó do peche de admisión de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo (Ronda Muralla, 70-2º andar). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

6. Os gastos deste anuncio serán por conta da empresa adxudicataria.

Lugo, 30 de maio de 2003.

Jaime Santoalla Varela

Delegado provincial de Lugo