Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de acondicionamento da estrada C-535, treito polígono industrial de Sarria-Saa, de clave LU/99/036.01.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono nº: 981 54 49 86, telefax nº: 981 54 47 91.

2. Modalidade de adxudicación: concurso aberto.

3.a) Lugar de execución: Lugo.

b) Natureza e alcance das obras, opcións, características xerais da obra: clasificación CPV (Vocabulario Común da Contratación Pública): 45233120-6.

Acondicionamento da estrada C-535, treito polígono industrial de Sarria-Saa, de clave LU/99/036.01.

Orzamento base de licitación: 7.314.854,97 euros.

Incluídas no proxecto que se acompaña como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 30 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos

complementarios: o indicado no parágrafo número 1. Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21, teléfono: 981 59 33 85.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 28 de xullo de 2003.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicada no parágrafo 1 deste anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado da traducción oficial.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 7 de agosto de 2003, ás 11.00 horas na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Fianza e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do 2% do orzamento de contrata (146.297,10 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata (292.594,20 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas:

a) Clasificación:

Grupo A, subgrupo 2, categoría e.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Criterios de adxudicación: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.

15. Información complementaria:

Tipo de poder adxudicador: administración rexional/local.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se específica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

16.

17. Data de envío do anuncio: 4 de xuño de 2003.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 4 de xuño de 2003.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003; DOG nº 50,

do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda