Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría para a execución de accións formativas correspondentes á formación profesional ocupacional a distancia. (Expediente 34/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución de accións formativas correspondentes á formación profesional ocupacional a distancia.

b) División por lotes e número: 2 lotes.

c) Prazo de execución: ata o 30 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento base licitación: total: 463.025,60 euros (catrocentos sesenta e tres mil vintecinco euros con sesenta céntimos, IVE incluído); lote 1: 265.071,60 euros (douscentos sesenta e cinco mil setenta e un euros con sesenta céntimos, IVE incluído), lote 2: 197.954 euros (cento noventa e sete mil novecentos cincuenta e catro euros, IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: total: 9.260,51 euros, lote 1: 5.301,43 euros, lote 2: 3.959,08 euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08.

www.xunta.es/contratación

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do quinto día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: 18,76 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais