Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 24 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, do outorgamento do permiso de investigación Forno, 7034.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña fai saber que, por Resolución do 24 de abril de 2003, se outorgou o permiso de investigación Forno nº 7034 de 8 cuadrículas mineiras, para recursos de lousa, sección C, granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Santa Comba e Val do Dubra, provincia da Coruña.

O que se fai público, para xeral coñecemento e cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

A Coruña, 24 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña