Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/131).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Casas Baratas (recuamento C.T. Muxía I, expediente 2029 RECT 78).

Situación: Muxía.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV cunha lonxitude de 42 m, orixe na L.M.T.S. VIM804 Pradogrande-Muxía, entrada e saída no C.T.C. Casas Baratas (proxectado) e final na

anterior L.M.T.S. conductor R.H.V.-12/20 kV-3x95 Al.

Centro de transformación prefabricado cunha potencia de 40 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña