Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (852/2002-SA).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos seguidos neste xulgado sobre demanda de provisionais previas, por instancia de María Teresa Blanco Serantes, contra José Fernández Agulla, se dictou a seguinte resolución:

«Auto.

Na Coruña o 24 de abril de 2003.

Feitos.

Primeiro.-Que neste xulgado se seguen autos de medidas provisionais previas número 852/2002, por instancia de María Teresa Blanco Serantes, representada polo procurador Sr. González Martín contra José Fernández Agulla, en rebeldía procesual.

Segundo.-Que celebrada a vista que sinala o artigo 773 da LAC, esta se levou a cabo co resultado que consta nos autos, téndose practicado toda a proba declarada pertinente.

Parte dispositiva.

1. Queda-lo fillo Óscar baixo a garda e custodia da nai, tendo ámbolos proxenitores a patria potestade, e sen prexuízo de fixar un réxime de visitas a favor do pai, no caso de que o solicite».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, expido este edicto que asino na Coruña o 7 de maio de 2003.

A secretaria

Rubricado