Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.513

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/216 de profesor titular de escola universitaria desta universidade, convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisión que se cita como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte o da súa publicación.

A Coruña, 9 de maio de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: composición arquitectónica.

Praza nº: 01/216.

Comisión titular:

Presidente: Soraluce Blond, José Ramón, catedratico de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Rosello Nicolau, María Isabel, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Iglesias Rodríguez, Helena, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

García Ros, Vicente, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Bravo Bravo, Juan Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión Suplente:

Presidente: Ruiz Hernando, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Secretario: Granell Trias, Enrique, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Rivera Blanco, José Javier, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Jiménez Ruiz, Mariano, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Lindez Vilchez, Bernardino, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Granada.