Convocada, pola Orde do 20 de marzo de 2003 (DOG nº 68, do 7 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 20 de marzo de 2003 (DOG nº 68, do 7 de abril).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Apelidos e nome: Pérez Miramontes, Encarna.
NRP: 3327855413 A2059.
Grupo: D.
Nivel CD: 18.
Posto de traballo: xefa de Negociado de Trámites Parlamentarios.
Dependencia: Subdirección Xeral de Ordenación, Estudios e Informes.
Localidade: Santiago de Compostela.