Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de maio de 2003 pola que se clasifica como benéfico social a Fundación Una Galicia Moderna.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Una Galicia Moderna con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Una Galicia Moderna foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o día catorce de febreiro de dous mil tres, ante o notario José Miguel Sánchez-Andrade Fernández, co número douscentos noventa e oito do seu protocolo por Angeles Borrajo Quintana, José Cabanelas Omil, Francisco Cal Pardo, Luis Carmés Vieitez, Miguel José Carrero López, José María Castellano Ríos, Cristina Catoira Rodríguez, Diego Diz Fernández, José María Faro Paz, Marta Fernández Currás, Alfredo Fernández Rancaño, María Dolores Fernández Vázquez, José María Gasalla Dapena, Fernando González Laxe, Antonio Javier Grandío Dopico, María Felipa Jove Santos, Manuel Ángel Jove Santos, Manuel José Morán García, Luis Pedro Pedreira Andrade, Roberto Pereira Costa, Loreto Rivera Quintana, Carmen Saiz Fouz, Teresa Taboas Veleiro, Roberto Tojeiro Rodríguez, Javier Vilas González, Rosario Crespo Prieto, Manuel Sánchez Salorio, María Berta Juan-Roca Barrera e Ainhoa Comellas Melero , interveñen no seu

propio nome facéndoo ademais Antonio Javier Grandío Dopico en nome e representación de José Antonio Abad Zorrilla, Antonio Abril Abadín, Antonio Alba Puente, Juan José Bande González, Álvaro Concheiro Varela, Rosalía Mera Goyenechea, José Carlos De Miguel Domínguez, José Ramón Docal Labaen, Borja Durán Carredano, Blanca García Montenegro, José Manuel González-Páramo Martínez- Murillo, Leonor Grandío Portabales, Luis Isasi Fernández de Bogadilla, Julio Lage González, Santiago Martínez Carballal, Macarena Ortíz de Urbina Angoso, Rosa V. Matilde Pascual Monzo, Ramón Pernas López, Olga Ríos Corral, Miguel Ángel San Martín Pérez e César Torres Díaz.

3. O obxecto da fundación é, segundo establece o artigo 6º dos estatutos, promover, incentivar e executar calquera tipo de iniciativa dirixida a impulsa-lo desenvolvemento da economía, mellora-lo coñecemento e a imaxe de Galicia e constituírse nun organismo intermedio de la sociedad civil gallega ante a Unión Europea.

4. O padroado da fundación estará integrado segundo se especifica no punto terceiro da escritura fundacional e no artigo 9 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, proposta de clasificación como benéfico social da Fundación Una Galicia Moderna dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cum

pridos os requisitos esixidos na la Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, de 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º y 2º del Decreto 248/1992, de 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico social e a súa adscripción á Consellería de Economía e Facenda.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2ºc) do Decreto 243/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a súa adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 20 de maio de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico social a Fundación Una Galicia Moderna adscribíndoa á Consellería de Economía e Facenda, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública