Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.478

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de maio de 2003 pola que se fai público o nomeamento dos membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano.

O Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de productos alimenticios relacionados co consumo humano, procede no seu artigo 1.1º á creación da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, e determina no artigo 4.2º a súa composición.

A Orde do 6 de marzo de 2000 fixo público o nomeamento como vocal da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, por parte da Consellería de Sanidade, do subdirector xeral de Información e Xestión de Saúde Pública.

A Orde do 25 de xaneiro de 2001 nomeou como suplente a subdirectora xeral de Programas de Saúde Pública.

Como consecuencia dos cambios na titularidade no desenvolvemento destes postos, por resolución do conselleiro de Sanidade do 15 de abril de 2003 nomeáronse novos membros da devandita comisión.

Por isto, no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Faise público o nomeamento de membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, que son as persoas que se relacionan a continuación:

Como vocal:

1. Pola Consellería de Sanidade, Ángel Gómez Amorín, subdirector xeral de Programas de Saúde Pública.

Como suplente:

1. Pola Consellería de Sanidade, Xurxo Hervada Vidal, subdirector xeral de Xestión e Calidade en Saúde Pública.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade