Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación das obras incluídas na primeira fase do Plan 2000 deportes anualidade 1999.

1. Obxecto: a contratación das obras incluídas no Plan 2000 deportes anualidade 1999 que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan:

Denominación: pavillón polideportivo das Pontes de García Rodríguez.

Lugar de execución: As Pontes de García Rodríguez.

Orzamento: 610.159,57 euros.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: C-2, 3, 4, 9-d.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación entre as 9.00 e as 13.00 horas do prazo dos trece días naturais, que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de maio de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña