Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se indica.

1. Entidade adxudicadora: a) Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº do expediente: 309/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia no Campus das Lagoas-Marcosende. b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total é de 247.090,56 euros (IVE incluído).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Fax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: -entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. -Enderezo: r/ Oporto, 1, planta

baixa. -Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e demais información:

http:// www.uvigo.es/servicios/contratación/

Vigo, 30 de maio de 2003.

P.D. (Resolución 15-5-2003)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo