Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 15 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 70/2002, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de abril de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Ourense dictou resolución do expediente sancionador 70/2002, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Antonio Carrajo Pérez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Carrajo Pérez o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou de Caixanova Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de maio de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

1. Expediente sancionador 70/2002.

Denunciado: Antonio Carrajo Pérez.

DNI: 34707552.

Último enderezo coñecido: estrada de Laza, nº 113, de Verín-Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 4 en relación co 1 e 6.7º do Real decreto 219/1986, do 24 de xullo, que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 60 euros (sesenta euros).

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL