Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/130).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Lobra.

Situación: Lobra-Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.635 m, orixe en L.M.T. Santiago de Compostela-Ordes e final no C.T.C. Lobra (proxectado), conductor R.H.Z.-12/20 kV 3(1x95) mm Al.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de tensións de 20/0,380-0,220 kV.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 140 m, coa orixe en C.T.C. Lobra (proxectado), e final en apoio de formigón existente, conductor R.V. 0,6/1 kV 4(1x150) mm Al. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña