Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 2003 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Centro de educación especial para a atención específica do alumnado con trastornos graves de conducta en Santiago de Compostela.

Polo Decreto 231/2003, do 11 de abril (DOG do 28 de abril), créase un Centro de educación especial para a atención específica de alumnado con trastornos graves de conducta en Santiago de Compostela.

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do centro segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-las direccións xerais de Persoal, de Centros e Ordenación Educativa e Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para adopta-las medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do centro: 15032327.

Denominación: Centro de educación especial para alumnado con trastornos graves de conducta.

Postos escolares: 15.