Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.408

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE

CONVOCATORIA do XLV Premio Fernández Latorre.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, de La Voz de Galicia, anuncia a convocatoria do XLV Premio Fernández Latorre de Periodismo, e invita a persoas e institucións a participar nel.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premio.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Periodismo, dotado, nesta edición, con 10.000 euros, ó

traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 25 de xullo de 2002 e o 6 de maio de 2003.

2. Decisión e entrega.

A decisión farase pública no xornal La Voz de Galicia o 25 de xullo vindeiro, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

O premio entregarase no transcurso dun acto que se celebrará no derradeiro semestre do 2003.

3. Xurado.

O xurado, que estará presidido polo presidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e composto por representantes de La Voz de Galicia e outras persoas representativas no campo da comunicación e da cultura, terá, ademais das facultades normais para elixi-lo traballo premiado, as de interpreta-las presentes bases.

4. Presentación de traballos.

Os traballos deberán enviarse por triplicado á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, avda. da Prensa, 84-85, polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña), ata o 30 de xullo, coa indicación «Premio Fernández Latorre de Periodismo».

Os traballos poderán ser presentados polo propio autor ou autores, polo xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a este premio supón a conformidade dos participantes coas bases e implica a autorización á difusión pública do traballo premiado, sen finalidade lucrativa e por un período de tempo non superior a seis meses.

A decisión do xurado é inapelable.

A Coruña, 7 de maio de 2003.

Santiago Rey Fernández-Latorre

Presidente da Fundación Santiago Rey

Fernández-Latorre