Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5-5-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes nos predios 1.2, 1.3, 1.4 e 1.5 da unidade de actuación Centro-Sur número 13 (avda. Madrid-ronda de Fingoi) do PXOU vixente, que modifica o aprobado defi

nitivamente polo Concello Pleno con data do 26-6-1998, promovido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Faise pública para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 14 de maio de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado da Área