Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia o concurso público para a subministración sucesiva de papel padiola e papel secamáns, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente CP-S-7/2003).

A directora xerente de Atención Primaria do Sergas de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66 do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez

cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar-la contratación da subministración que a continuación se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Compras e Subministracións.

c) Número de expediente: CP-S-7/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de papel padiola e papel secamans.

b) División por lotes e número de unidades que se van a entregar: ver follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega: ver follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de entrega: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 107.199,58 euros con IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación ou do lote o que concorre. (Véxanse follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.)

6. Garantía definitiva: 4% do orzamento base de licitación ou do lote adxudicado. (Vexánse follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares).

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Compras e Subministracións.

b) Domicilio: avenida de Zamora, nº 13-3º.

c) Localidade e código postal: Ourense-32005.

d) Teléfono: 988 38 64 38/40.

e) Fax: 988 38 63 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica: acreditaranse conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria.

2. Domicilio: avenida de Zamora, nº 13-3º.

3. Localidade e código postal: Ourense-32005.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admitirase unha variante.

10. Apertura das proposicións:

a) Entidade: Sala de Xuntas da Xerencia de Atención Primaria.

b) Domicilio: avenida de Zamora, nº13-3º.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 9 horas.

11. Gastos de anuncios: o importe destes gastos serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos da presente contratación: www.sergas.es

Ourense, 6 de maio de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense