Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, montaxe e organizacion dos stands institucionais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia nos certames feirais que se van celebrar no ano 2003 en World Fishing Exhibition (Vigo, España 17 ó 21 de setembro) e en Conxemar (Vigo, España 7 ó 9 de outubro).

División por lotes e número:

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentos vinteseis mil doce euros (626.012 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 62 93), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición: ata que caduquen por razón do seu prazo os certificados de clasificación para contratos de servicios expedidos con anterioridade á entrada en vigor do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, 1098/2001, do 12 de outubro, será necesaría a clasificación grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría D, os certificados de clasificación esixibles, expedidos despois da entrada en vigor do dito regulamento serán: grupo L, subgrupo 5 ou grupo U, subgrupo 7, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: as catorce (14.00) horas do día 4 de julio de 2003.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10.00 horas do día 11 de xullo de 2003.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca