Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. San Antonio.
Situación: concello da Estrada.
Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.Z., de 11 m de lonxitude, con orixe en LES 802-A Estrada, entre o C.T. Justo Martínez e o C.T. San Antonio, e remate no mesmo unha vez que entre e saia do C.T. proxectado, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, situado na Estrada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 24 de abril de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra