Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003 pola que se corrixen erros na do 19 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das obras de clave OU/02/101.03 e tres máis.

Advertido erro no texto da devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 99, do venres 23 de maio de 2003,

DISPOÑO:

Primeiro.-Corrixir na páxina 6.696, columna da dereita, letra d), onde di: «Orzamento base de licitación: cincocentos setenta e un mil trescentos noventa e sete euros con corenta e nove céntimos (517.397,49 euros), debe dicir: orzamento base de licitación: cincocentos setenta e un mil trescentos noventa e sete euros con corenta e nove céntimos (571.397,49 euros)».

Segundo.-O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda