Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Tui (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Tui (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: oito semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e nove mil oitocentos tres (99.803 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 1.996,06 euros.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 3.992,12 euros.

7. Clasificación.

Non se esixe.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet:

www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2575

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio* xunta.es os datos que a seguir se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobre A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas: ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente