Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/36-2, 6009 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilanova.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas:

-L.M.T. de 0,022 km de lonxitude, con orixe en L.M.T. Monterroso Tarrío e final en C.T. de Vilanova con conductor LA-56/54,6 m.

-C.T. de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. de 1,65 km con orixe en C.T. de Vilanova.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo