Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Estévez Carpintero, Emilio).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Tui, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo r/ Foxo, 20 baixo, Tui.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Estévez Carpintero, Emilio.

DNI: 35760034-W.

Lg. Xunqueiras-O Couto, A Cañiza.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. T-3188/2000.

Liq. 600000089335.