Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e outros aspectos do convenio colectivo da empresa Escudo Servicio Generales, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial e outros aspectos do convenio colectivo da empresa Escudo Servicios Generales, S.L. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polos delegados de persoal o día 25-3-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivo de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no DOG.

A Coruña, 5 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 1.

Na Coruña, ás 18.00 horas do día 25 de marzo de 2003, reúnense no domicilio social da entidade Escudo Servicios Generales, S.L., dunha parte, Juan Antonio Quiroga Lage, en condición de administrador solidario, así como os delegados de persoal da empresa, Javier Sánchez Sánchez (UGT), Guzmán Carreiro Mantiñán (UGT) e José Manuel Blanco Neira (CC.OO.), para trata-la revisión salarial e outros aspectos referidos ó ano 2003.

ACORDAN:

1. Incrementa-las horas extraordinarias nun 14,25%, quedando a súa contía fixada en 4,81 euros por hora.

2. Incrementa-las horas nocturnas nun 25%, quedando a súa contía fixada en 0,60 euros por hora.

3. As vacacións pasan a ser de 31 días naturais.

4. Efectúase unha mellora voluntaria da acción protectora do réxime xeral da Seguridade Social, por parte da empresa, completando a prestación regu

lamentaria de baixa por IT en enfermidade común e accidente non laboral, que queda nas porcentaxes que seguen:

-Do día 1 ó día 60: 90%.

-Do día 61 en diante: procédese segundo a lexislación vixente.

5. O resto dos conceptos económicos increméntase nun 5% (IPC real+1).

6. Incorporar para o ano 2004 un complemento de festivos (sábados, domingos e festivos) cunha contía pendente de determinar.

7. Incrementar substancialmente, para o ano 2004, o complemento de vestiario, quedando a súa contía pendente de determinar.

8. Acórdase que a reunión para a revisión salarial do ano 2004 se efectúe no terceiro trimestre deste ano.

9. Créase unha nova categoría profesional denominada conserxe que, atendendo as súas funcións específicas, terá, para o ano 2003, as seguintes remuneracións:

-Salario base: 537,62 euros.

-Transporte: 82,39 euros en 11 pagas.

-Complemento vestiario: 22,99 euros en 11 pagas.

-Quinquenios: 29,57 euros.

Os acordos tomados entrarán en vigor, con independencia da súa publicación no DOG, o 1 de xaneiro de 2003.

Facúltase a Juan Antonio Quiroga Lage para realiza-las actuacións necesarias encamiñadas á publicación e ó rexistro deste acordo.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 20.30 horas, coa sinatura dos asistentes, en proba da confomidade co seu contido.

Asdo. Juan A. Quiroga Lage.

Asdo. Javier Sánchez Sánchez.

Asdo. Guzmán Carreiro Mantiñán.

Asdo. José M. Blanco Neira.