Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.192

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública á alza da propiedade do Estado-ramo de Defensa, denominada parcela 5 do cuartel de Campolongo, en Pontevedra.

Parcela do proxecto de reparcelación do ámbito do antigo cuartel de Campolongo, situado na parte sur de Pontevedra; avenida Fernández Ladreda. Ten forma rectangular e está rodeada por vías. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Pontevedra, no tomo 1.601, libro 799, folio 109, predio número 61.539, inscrición primeira.

Superficie segundo rexistro: 10.998 metros cadrados. Edificabilidade: 40.158 metros cadrados.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 14.858.460 euros.

Características físicas, técnicas e usos urbanísticos da propiedade: as que figuran no prego que rexe para a poxa.

Foi desafectada, declarada a súa alleabilidade e posta á disposición da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, con data do 17 de outubro de 2001.

O acto da poxa terá lugar ante a mesa constituída para o efecto na sede da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa; rúa da Princesa número 32-36, de Madrid, o día 27 de xuño de 2003, a partir das dez horas.

Información e pregos: nas oficinas da Delegación de Defensa en Pontevedra; paseo de Cervantes, sen número; na Delegación da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa en Galicia e Asturias; costa da Palloza número 1, segundo esquerda, da Coruña (teléfono 981 17 36 11) e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio antes indicado (teléfono 91 548 96 80), en horario de oficina, así como na páxina web: www.gied.es.

Madrid, 26 de maio de 2003.

Miguel Ángel Jusdado Ruiz-Capillas

Director xerente de Infraestructura da Defensa