Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio da área de actuación integral 2 do Plan especial de mellora do núcleo Portoloureiro en Castrelos (expediente 7436/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 29 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle da área de actuación integral 2 do Plan especial de mellora do núcleo de Portoloureiro (Castrelos), redactado polos arquitectos Mª Belén González Ramírez e Luis Miguel Zozaya Servera, con memoria e planos vosados polo COAG o 29-4-2002 e 29-7-2002.

Segundo.-Abrir trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios do ámbito e demais interesados na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC).

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo