Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dunha subministración de licencias para unha arquitectura de computación SBC e servicios de soporte dela para o Servicio Galego de Saúde (S/228-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/228-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: suministración de licencias para unha arquitectura de computación SBC e servicios de soporte dela para o Sergas.

b) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: noventa e tres mil cento noventa e catro euros (93.194 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación; edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 36 18, fax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e do Sergas (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), que se computará desde o sexto día natural seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a dous mil euros (2.000 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos