Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de abril de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de dous expedientes de clasificación de montes desta provincia. (Expediente 5 e 7/2002).

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas seguintes características:

-Expediente número: 5/2002.

Denominación: Santa Bárbara ou Da Vide.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia da Vide.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 110,4 hectáreas.

Estremas:

Norte: estrada local de Monforte a Moreda, terreos expropiados para a construcción da nova estrada de Monforte a Chantada e predios particulares da parroquia da Vide. Leste: propiedades particulares, canal de regadío do val de Lemos e camiño. Sur: monte veciñal en man común dos veciños de Distriz e propiedades particulares. Oeste: propiedades particulares e concello de Pantón.

-Expediente número: 7/2002.

Denominación: Moncapelo.

Comunidade propietaria: veciños das parroquias de Argomoso, Lindín e Maior.

Concello: Mondoñedo.

Superficie: 269 hectáreas.

Estremas:

Norte: predios particulares do pobo de Curros. Leste: predios particulares nos vales do río Baos e río Seco. Sur: concello da Pastoriza. Oeste: montes da parroquia de Argomoso.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2002 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes inciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 23 de abril de 2003.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo