Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 263/2003 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Número de expediente: AC-EP 263/2003.

Denunciado: Mugofe, S.L.(CIF B-15683568).

Enderezo: Campo da Feira nº 31, Ordes.

Establecemento: Disco-Pub Barmacia.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

Número de expediente: AC-EP 265/2003.

Denunciado: Sabino Ordiales Rodríguez (DNI 53541035-W).

Enderezo: Campo da Feira, Ordes.

Establecemento: Pub Seven.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

Número de expediente: AC-EP 266/2003.

Denunciado: Macer-Curtis, S.L. (CIF B-15453970).

Enderezo: Campo da Feira nº 27 baixo, Ordes.

Establecemento: Mueve Mueve.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

Número de expediente: AC-EP 288/2003.

Denunciado: Aqua, S.L. (CIF B-15656275).

Enderezo: Campo da Feira, Ordes.

Establecemento: Pub Aqua.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior, e secretaria a María del Mar Ferreiro Broz, posto base do grupo B, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común LRXPAC (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmase de que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993;- no suposto do vencemento do prazo sen ter dictada resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

Informámolo igualmente de que a tramitación do expediente se realiza nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sita en Fernando Macías 18-1º da Coruña.

A Coruña, 14 de maio de 2003.

Manuel L. Silva Constenla

Delegado provincial da Coruña