Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se autoriza a transmisión mortis causa do título habilitante e da concesión administrativa dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a continuación, e do título habilitante e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Fátima Ojea Barcón, no nome e representación dos herdeiros de José Galdo Lorenzo, solicitou a transmisión mortis causa do título habilitante e da concesión administrativa dunha cetaria-depuradora, situada na r/ San Roque-Praia da Concha-Espasante-Ortigueira (A Coruña).

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información oficial.

-Informe técnico favorable da Delegación Territorial da Coruña.

-Informe favorable sobre a transmisión da concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre, do Ministerio de Medio Ambiente do 25-4-2002.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico Xurídico.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos/as delegados/as territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 21-7-2000 (DOG nº 153), pola que se regula o procedemento para a transmisión do permiso de actividade nos establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de José Vicente Galdo Aneiros (DNI/NIF: 76398194-Z) 25%, Luis Carlos Galdo Aneiros (DNI/NIF: 32656549-E) 52,5% e María Laura Galdo Aneiros (DNI/NIF: 76402871-E) 22,5%, do título habilitante e da concesión administrativa do establecemento que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: cetaria-depuradora.

Nome: José Galdo Lorenzo.

Actividade: estabulación de crustáceos e depuración de moluscos.

Ubicación: r/ San Roque-Praia da Concha-Espasante-Ortigueira (A Coruña).

Especies autorizadas: crustáceos e moluscos.

Títulos habilitantes:

Orde outorgamento: 20-12-1988 (DOG do 13-2-1989 e do 14-2-1989).

Remate vixencia: 14-2-2009.

Actual titular: José Galdo Lorenzo (DNI/CIF: 32521265-R).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 31 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña