Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de cambio de titularidade da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/439).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de cambio de titularidade da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra do Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15, Vimianzo.

Denominación: L.M.T.A., C.T. e R.B.T.A. serradoiro Luis Eiroa Toja.

Situación: Vimianzo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea e C.T. de 100 kVA no lugar de Gorgulla-Torelo. Concello de Vimianzo.

A Coruña, 28 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña