Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Alonso Pérez, Javier).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30

de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se aproba o procedemento para a realización de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Alonso Pérez, Javier

DNI: 53170369-G

R/ Trav. de Vigo, 96-8º I

Vigo

Liquidación de xuros

Expediente de devolución de taxas