Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.129

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

A base quinta da resolución do Servicio Galego de Saúde do 14 de abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril) pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que a División de Recursos Humanos nomeará un tribunal cualificador para cada unha das clases que se convocan, polo que, en consecuencia, esta división

DISPÓN:

Primeiro.-Nomea-los membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde convocado pola Resolución do 14 abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril), e que aparecen relacionados, para cada unha das clases ofertadas, no anexo desta resolución.

Segundo.-Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos

Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

-Inspectores médicos.

Membros titulares:

Presidente: Manuel Antonio Silva Romero.

Secretaria: María del Rosario García Villadangos.

Vocais:

Juan Ducet Robert.

Joaquín Rodríguez Gómez.

Javier Hernández Olmo.

Luis Alfonso Casais Fernández.

En representación das organizacións sindicais: José Antonio Lamelas García.

Membros suplentes:

Presidente: José Ignacio Lema Piñeiro.

Secretaria: Cristina Blanco Aragón.

Vocais:

Dolores García Fernández.

Amelia Vila Domínguez.

Dolores Agras García.

Luis Jesús Vázquez Forno.

En representación das organizacións sindicais: José Luis López Jiménez.

-Subinspectores sanitarios

Membros titulares:

Presidenta: Carmen Sixto DaSilva.

Secretaria: Cristina Blanco Aragón.

Vocais:

Consuelo García Corral.

Pilar Chamorro González.

Inocencia Pazos Díaz.

Eliseo Lorenzo Carballo.

En representación das organizacións sindicais: Xosé Manuel Parente Mojón.

Membros suplentes:

Presidenta: Mª Teresa Chuclá Cuevas.

Secretaria: María del Rosario García Villadangos.

Vocais:

Carmen García Mata.

Manuel Cabaleiro Fernández.

Dolores Prieto Gondell.

Begoña Escudeiro Soto.

En representación das organizacións sindicais: Víctor Vila López.