Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.123

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a resolución do tribunal que xulgará o procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas na que se anuncia a data, a hora e o lugar en que se fará a presentación dos aspirantes e a data, a hora e o lugar en que se realizará o primeiro exercicio.

De acordo coa base común 6 da Orde do 11 de marzo de 2003 (DOG do 14), pola que se convocaba

procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas este tribunal, de conformidade coas instruccións da Dirección Xeral de Persoal, acorda o seguinte:

Primeiro.-Acto de presentación dos aspirantes e realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, da primeira parte da proba:

-Acto de presentación:

Data: 25 de xuño de 2003.

Hora: 10.30.

-Primeiro exercicio ou primeira parte da proba:

Data: 25 de xuño de 2003.

Hora: 11.30.

Lugar: Conservatorio de Música Profesional. Estrada de Catabois 45-75 Ferrol (A Coruña).

Recórdase que, de conformidade co punto 6.4 da Orde do 11 de marzo de 2003, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Segundo.-De conformidade coa Resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 10 de marzo de 2003 (DOG do 14) a orde de actuación dos aspirantes virá determinada pola orde alfabética do primeiro apelido que comece pola letra C.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal