Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.089

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, pola que se anula unha pregunta pertencente ó segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 26 de maio de 2003, o tribunal designado pola Orde do 27 de novembro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001,

ACORDOU:

Anula-la pregunta nº 2 do segundo exercicio da fase de oposición, por non ser procedente a súa formulación.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2003.

Sergio Peñamaría Ramón

Secretario do tribunal