Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2003 Páx. 7.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de maio de 2003 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Culleredo (A Coruña).

O Decreto 268/1998, do 24 de setembro (DOG do 6 de outubro), crea o colexio de educación infantil e primaria no Concello de Culleredo (A Coruña).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa.

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Culleredo (A Coruña), tal e como figura no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-la Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: Culleredo.

Centro: Colexio de educación infantil e primaria de Culleredo.

Código do centro: 15027708.

Zona educativa: Culleredo.

-Unidades

EI: 6

EP: 12

Total: 18

-Postos de traballo

EI: 6

EP: 10

FI: 2

FF: 1

EM: 1

EF: 2

PT: 1

AL: 1

Total: 24