Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto para a contratación das obras incluídas no Plan de mellora da seguridade vial nas estradas provinciais (sinalización horizontal, vertical e balizamento).

1. Obxecto: a poxa ten por obxecto a contratación das obras incluídas no Plan de mellora da seguridade vial nas estradas provinciais (sinalización horizontal, vertical e balizamento) que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de maio de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Contratación das obras incluídas no Plan de mellora da seguridade vial nas estradas provinciais (sinalización horizontal, vertical e balizamento).

Denominación da obra

Lugar de execución

Orzamento da obraPrazo execución da obraClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Mellora da seguridade vial nas estradas provinciais zona C75.126,51 euros4 mesesNon se esixeNon se esixe4% do prezo

de adxudicación

Mellora da seguridade vial na E.P. 5704 da Rasa á Barquiña (ampliación da plataforma p.q. 2+900 ó p.q. 3+450)75.126,51 euros6 mesesNon se esixeNon se esixe4% do prezo

de adxudicación

Mellora da seguridade vial nas estradas provinciais zona A75.126,51 euros3 mesesNon se esixeNon se esixe4% do prezo

de adxudicación

Mellora da seguridade vial nas estradas provinciais zona B75.126,51 euros3 mesesNon se esixeNon se esixe4% do prezo

de adxudicación