Obxecto: contratación da substitución da bomba de calor da instalación do aire acondicionado do pazo provincial.
Orzamento: 68.054,88 euros (IVE incluído).
Prazo de execución: 15 días.
Garantías:
Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
Clasificación: non se esixe.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
Anuncio extenso: BOP.
Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13.00 horas do último día, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 20 de maio de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña