Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 5 de maio de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural no núcleo de Nostián, redactado polos técnicos municipais.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes, o plan especial mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais dos de maior circulación no ámbito da Comunidade Autónoma.

Terceiro.-Dar audiencia ó Concello de Arteixo.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Información do Servicio de Urbanismo, sita na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12.00 ás 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 15 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo